Thursday 28 de March de 2024

Cariño abre o prazo para a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro do ano 2021


· Poderán presentarse as solicitudes ata o 6 de decembro.

· Destínanse 18.000 euros en total do orzamento, e a axuda máxima é de 1.500 euros.

O Concello de Cariño abrirá mañá o prazo para enviar as solicitudes á súa convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro do municipio. Unha liña de axudas dotada con 18.000 euros de orzamento que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá nas distintas actividades de carácter educativo, deportivo, cultural e outras de utilidade pública.

O goberno local convoca esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, acreditando como gastos subvencionables os gastos correntes derivados da adquisición de bens e servizos e excluíndo os derivados de investimentos ou restantes de capital. A axuda máxima será de 1.500 euros e en ningún caso o importe da subvención poderá superar o 80% dos gastos.

O prazo para formalizar as solicitudes estará aberto ata o próximo 6 de decembro e deberá presentarse exclusivamente a través da Sede electrónica do Concello de Cariño. Poderán solicitar a subvención as asociacións e entidades sen fin de lucro que estean rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións ou que teñan feita a solicitude para a súa inclusión.